15/04/2011

Os infantís Renato e Christian defenden a Galicia no nacional de Ponteareas

Os infantís Renato e Christian defenden a Galicia no nacional de Ponteareas

Os xogadores infantís da ED EON Burela FS Renato Lopes e Christian García defenderán o combinado galego entre hoxe e o domingo no Campionato Nacional de Seleccións Territoriais, que terá lugar na vila pontevedresa de Ponteareas.


A escuadra irmandiña, dirixida por Ibán García, medirase en grupo único a Castela-A Mancha, Andalucía e Estremadura.


Completan a convocatoria Alexandre, Santi e Jose, do Azkar Lugo; Yago e Pablo, do Liceo La Paz; Felipe, do Ames; Marcos, do Curtis; Iago, do Ex Alcohólicos; e Daniel, do Hércules.



Venres 15 de abril


17.30 horas: Castela A Mancha-Galicia


19.00 horas: Estremadura-Andalucía


 


Sábado 16 de abril


10.00 horas: Perdedor Estremadura/Andalucía-Gañador Castela A Mancha/Galicia (A)


11.30 horas: Perdedor Castela A Mancha/Galicia-Gañador Estremadura/Andalucía (B)


18.00 horas: Perdedor A-Perdedor B


 


Domingo 17 de abril


10.30 horas: Gañador A-Gañador B

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.