02/04/2011

Cómodo triunfo das laranxas fronte ás ourensás (1-7)

Cómodo triunfo das laranxas fronte ás ourensás (1-7)

As pupilas de Javier Pardeiro acadaron esta tarde un cómodo triunfo na complicada pista do Cidade das Burgas (1-7), nunha cita na que as laranxas lles sacaron brillo ás xogadas de estratexia. Con estes tres novos puntos, as mariñás durmirán esta noite na terceira praza (45) acariñando o podio, á espera do resultado de mañá entre o Atlético de Madrid Navalcarnero e Ponte Ourense, en duelo directo.


O dominio do Burela FSF Pescados Rubén fíxose ver dende os primeiros compases. Xa no minuto 2, Lidia foi a encargada de subir primeiro tanto laranxa. O 0-2 tardou máis do esperado, a xulgar pola presión mariñá; foi no 15, dunha falta directa de Lucía. Coas cinco faltas na cuadrícula laranxa, as locais reduciron distancias, dous minutos máis tarde, tras o rexeitamento dun dobre penalti que bateu en Vane. 


Co reinicio volveron os goles visitantes no derbi galego, co 1-3 de Lucía (minuto 23). Sen dar máis opción, as burelás apropiáronse do encontro sen miramentos a partir do 1-4 (minuto 25), de Claudia, ante un rival con máis vontade e corazón que recursos para xerar perigo. No minuto 30, de novo Lucía e despois Jozi ampliaron a vantaxe ata o 1-6. Lidia, no 33, volveu aparecer para subir o 1-7, resultado definitivo a pesar da tentativa das ourensás por atopar a meta rival coa axuda da porteira xogadora durante os últimos dez minutos.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.