25/03/2011

O Xapón recala na Mariña para medirse a unha selección comarcal liderada por Suso Rey

O Xapón recala na Mariña para medirse a unha selección comarcal liderada por Suso Rey

Na xornada de descanso para o Burela FS en Prata, a entidade burelista organizou un amigable coa selección do Xapón, que recala na Mariña para medirse a un combinado comarcal liderado polo adestrador laranxa, Suso Rey. Vista Alegre acollerá o encontro o domingo, a partir das 19.30, con entrada totalmente gratuíta.


Na convocatoria do técnico burelista entrarán os laranxas Brais, Purao, Juanma, Ique, Víctor Cachón, Christian, André e Manu, ademais do meta xuvenil Juan; o ala-peche Rubén García ‘Turero’ e os alas David Richarte ‘Paleta’ e Edu Fernández, polo CD Rececende Superti-A Pontenova, de Primeira Nacional A; e os alas Bruno de Nois e Borja Rocha, do Concello de Trabada FS, de Primeira B. Suso Rey decidiu dar descanso a Edu, Esteller e Clebinho, con senllas molestias, coa finalidade de recuperalos totalmente restablecidos para a vindeira cita de Prata, o 2 de abril en Burela, ante o OPDE Ribera Navarra, segundo clasificado.


Vista Alegre gardará un minuto de silencio en solidariedade cos damnificados polo terremoto e a crise nuclear que sacode o país nipón dende o 11 de marzo; a peña A Pataca Naranxa tamén lanzará unha mensaxe de apoio nunha gran pancarta.  Coincidindo coa 25ª xornada de Honra e a 32ª de Prata, a LNFS ademais destinará unha achega económica para contribuír á recuperación das zonas afectadas polo sismo; por cada gol que se marque, a Liga doará 20 euros.


Outros encontros. Tras a cita mariñá, o combinado do español Miguel Rodrigo, que comezou a súa preparación europea en Portugal o 19 de marzo, porá rumbo á capital galega para para medirse o luns 28 ao Autos Lobelle. Caja Segovia (día 29), Talavera (30) e Zamora (31) completarán a xira do Xapón na península Ibérica. Neste último destino participará nun torneo triangular solidario, xunto a un combinado de estrelas históricas da LNFS e o propio conxunto zamorano.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.