17/03/2011

Gironella, próxima parada dun Burela FSF escaso en efectivos

Gironella, próxima parada dun Burela FSF escaso en efectivos

Gironella será a parada do Burela FSF Pescados Rubén na vixésimo segunda xornada de Honra, o sábado, a partir das 18.00 horas. O cadro de Javier Pardeiro defenderá a súa actual cuarta praza (38 puntos) no camiño ao podio minguado pola escaseza de efectivos; á recente marcha de Cuchi, por motivos persoais, súmanse a baixa de Lara, por unha escordarua de xeonllo, e as dúbidas de Ro, cunha escordadura de nocello, e Dolo, por un problema vírico.


A escuadra burelá saltará ao municipal gironellenc co firme obxectivo de non ceder terreo ante un rival que conseguiu marchar co empate de Vista Alegre (4-4). O podio está a tan só 2 puntos, custodiado polo Atlético de Madrid Navalarnero (40), e as laranxas queren coarse entre as mellores.


Dende a undécima praza, as catalás perseguen un billete para a Copa de España que acollerá a vila de Burela. Recibirán o conxunto laranxa despois de disputar un dos mellores partidos de toda a tempada; impuxéronse por 1-5 ao Valladolid, quinto clasificado (35), na única vitoria que computan na segunda volta.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.