15/03/2011

Cuchi causa baixa no vestiario laranxa por motivos familiares

Cuchi causa baixa no vestiario laranxa por motivos familiares

A ala-peche Silvia Estévez, Cuchi, non rematará a tempada co Burela FSF Pescados Rubén por motivos familiares. A xogadora viguesa asinou esta mesma mañá a rescisión do contrato que a vinculaba ao club laranxa.


Este era o terceiro exercicio de Cuchi defendendo a elástica burelista. Procedente do Olivo FPR de Vigo, a futbolista chegou ao conxunto mariñán en 2008-09 no seu primeiro ano de competición, estreándose na División de Prata. Silvia Estévez contribuíu cun meritorio labor á historia do Burela FSF  participando nos seus episodios máis importantes, como o ascenso a Honra (2008-09), o dobrete da Copa Galicia (2009 e 2010) e a clasificación para a Copa de España (2010).


Cuchi despediuse da Mariña manifestando a súa tristura. “Despois destes tres excelentes anos dáme pena deixar Burela pero as circunstancias fixéronme decidirme a aparcar a miña carreira futbolística para estar máis preto da casa”. Pola súa banda, a xunta directiva da entidade laranxa quixo expresar o seu apoio á xogadora e agradecerlle a implicación e compromiso co proxecto.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.