27/02/2011

O pechacancelas inverte o guión e dana o orgullo do Burela

O pechacancelas inverte o guión e dana o orgullo do Burela
Sorpresón no Vista Alegre. O pechacancelas Cáceres saqueou a fortaleza laranxa e deixou o Burela sen os tres puntos e moi danado na súa honra. O equipo mariñán non atopa saída ás súas crises de resultados e tampouco a fórmula para traducir o seu dominio en goles e vitorias. Onte volveu contabilizar unha alta porcentaxe de posesión e incontables situacións claras de gol, sobre todo no segundo período, pero viuse sorprendido por un inimigo que explotou á perfección a estratexia dos equipos menores: defensa e contragolpe. Nos momentos de maior acoso local, Christian culminou unha xenialidade de Clebinho para facer o 1-0 e o brasileiro e Cachón estrelaron o balón no poste pouco despois. Mereceu máis o Burela, pero o Cáceres levou o botín.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.