11/02/2011

O Burela FS visita a décimo terceira praza en Ceuta

O Burela FS visita a décimo terceira praza en Ceuta

O Burela FS visitará mañá a décimo terceira praza de Prata en Ceuta, ante un rival ao que, polo momento, 2011 non lle está sentando nada ben. A partir das 18.00 horas, o Unión África Ceutí recibirá os laranxas no Guillermo Molina Ríos con ansias de puntos, despois dun duro comezo de ano, no que tan só conseguiu subir 1 punto á súa cuadrícula en catro encontros.


Dende a sexta praza, o cadro burelista non debe confiarse pola diferenza na táboa. Os ceutís, que veñen de reforzarse co peche segoviano Chamo, do Melilla FS, e co porteiro gaditano Juanlu, xa demostraron a súa garra en Vista Alegre conseguindo o empate (3-3) no último segundo.


Nesta carreira de fondo, os burelaos (38) precisan os tres puntos para consolidarse en postos de play off. Teñen que aproveitar o descanso do seu rival máis directo, ElPozo Ciudad de Murcia (38), na vixésimo cuarta xornada para subir á quinta praza e manter as distancias ante o premente asedio do Arcebansa Zamora (37), que viaxa a Lanzarote (noveno), e o BP Andorra (36), que recibe o Albacete 2010 (décimo sexto).


Próxima xornada. O cadro laranxa disputará a vixésimo quinta cita de Prata o martes 15, sen apenas descanso, ante o Restaurante Frontera Tobarra. Será en Vista Alegre, ás 21.00 horas.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.