10/02/2011

A pichichi laranxa, Ro, reaparecerá ante o Diamante-La Rioja

A pichichi laranxa, Ro, reaparecerá ante o Diamante-La Rioja

O Burela FSF Pescados Rubén recibirá este sábado o Diamante-La Rioja coa reaparición da pichichi laranxa, Ro, tras unha rotura de fibras que a mantivo apartada das pistas tres semanas. Javier Pardeiro poderá incluír de novo á burelá nas rotacións ante o sétimo clasificado, aínda que sen exceso de minutos. O encontro de Vista Alegre arrincará no seu horario habitual, ás 18.30 horas.


A décimo oitava xornada de Honra volverá reunir a diamantinas e laranxas tras o 3-5 da primeira volta a favor das galegas. O cadro mariñán atopará un rival que medra co paso das xornadas, que presenta un alto nivel físico, con xogadoras moi rápidas e fortes entre as que destaca a ala-pivote Peque. As rioxanas chegarán á bomboneira con tres vitorias encadeadas (Soto del Real 4-3, Zaragoza 2-5 e Valladolid 4-0).


No resto do vestiario, chegarán entre algodóns Claudia e Dolo, por sobrecarga muscular, e Lucía, que arrrastra molestias nun xeonllo por un golpe en Ourense. Vanessa continúa coa recuperación da súa rotura fibrilar dentro dos prazos estimados polo corpo médico.


O Burela FSF loitará por cumprir a décimo terceira xornada imbatido con esta cita. Dende a quinta praza (32 puntos) estará ao asexo do cuarto, un Valladolid (32) en horas baixas que recibe o Natudelia.com Zaragoza (noveno), e do terceiro, Atlético de Madrid Navalcarnero (33), que visita o Femesala Elche (sexto).

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.