06/02/2011

Empate do Burela Pescados Rubén que sabe a vitoria ante o Ourense

Empate do Burela Pescados Rubén que sabe a vitoria ante o Ourense

O Burela FSF Pescados Rubén non só tratou de ti a ti o Ponte Ourense, segundo clasificado, na súa propia pista, senón que regresou cun punto da cidade das Burgas, 1-1, encadeando a súa décima xornada sen perder na División de Honra.


O inicio do choque estivo marcado pola lesión da grande estrela local, Ampi, que tivo que retirarse nos minutos iniciais e xa non volveu. A ausencia da xogadora facilitou o traballo defensivo do Burela FSF, que resultou exemplar, obstaculizando a saída do balón local. O conxunto de Pardeiro non esqueceu a portería contraria e aproveitou unha xogada de estratexia para pórse por diante, cun lanzamento cruzado de Lucía.


O Ponte conseguiu igualar antes do descanso tras unha boa acción de combinación entre Souza e Sarita, culminada por Ana.
Durante a segunda metade, mantívose a igualada no marcador.


O equipo laranxa volve así cun punto valiosísimo de Ourense, que lle permite encarar con optimismo os próximos compromisos.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.