04/02/2011

A pegada galega imponse á catalá (1-4)

A pegada galega imponse á catalá (1-4)

A Selección Galega impúxose a Cataluña (1-4) no primeiro partido do Grupo II na final do Campionato Nacional Sub-19 en Segovia, vitoria á que o laranxa Manu contribuíu cun gol. Mañá, a partir das 13.00 horas, os irmandiños xogarán o pase á final, do domingo, ante Andalucía.


Enorme intensidade se viviu entre dous dos favoritos na competición. Os galegos puideron neutralizar a presión catalá nunha en gran xogada por banda de David, para despois asistir a Keita, que só tivo que empuxar á rede (minuto 10). Antonio asistiu de tacón a Diego (minuto 16) para facer o segundo, resultado co que se chegou ao descanso.


No reinicio, Galicia puxo o 0-3 (23) cunha xogada de estratexia nas zapatillas de David Pazos, antes de que  Manu (26) fixera o cuarto. Os cataláns seguírono intentando, incluso con porteiro-xogador, e puideron reducir levemente as distancias, no minuto 39, e establecer o definitivo 1-4.


Outros resultados:


Asturias 1-5 Valencia (Grupo I)


Andalucía 3-9 Cataluña (Grupo II)


 


Ficha técnica


Galicia: Sergio, Diego, Toni, Ángel e David Pazos, no cinco inicial; tamén xogaron Alejandro, Adrián, Manuel, Keita e Antonio.


Cataluña: Joan, Arnau, Juanfra, Alex e Fran, no cinco inicial; tamén xogaron Lluc, Carles, Vallés, Roger e Yoel.


Goles: 0-1, minuto 10, Keita; 0-2, minuto 16, Diego; 0-3, minuto 23, David Pazos; 0-4, minuto 26, Manuel; 1-4, minuto 39, Fran

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.