02/02/2011

Juan Carlos Modia deixa o seu cargo como xerente do CD Burela FS

Juan Carlos Modia deixa o seu cargo como xerente do CD Burela FS

O ata agora xerente da entidade laranxa, Juan Carlos Modia, causa baixa voluntaria no club debido a motivos persoais.


Modia estivo vinculado ao Burela FS dende o seu nacemento, en 2001, como membro da xunta directiva fundadora. En 2005 as súas responsabilidades trasladáronse á área administrativa, como o primeiro e único xerente do CD Burela FS ata a actualidade. Logo do seu labor como administrador, Juan Carlos continuará plenamente ligado á entidade “pois é unha persoa que atesoura unha grande experiencia e xa demostrou a súa entrega a este club en numerosas ocasións”, tal e como afirmou o presidente, José Ramón González Casas. "Eu mesmo lle ofrecín a posibilidade de retomar a súa participación na xunta directiva, proposta que está a valorar", dixo Casas.


O club quere agradecerlle a Modia o seu significativo labor á fronte da xestión burelista, co que contribuíu ao desenvolvemento e consolidación dun proxecto humilde repleto de ilusión dende os seus inicios, e deséxalle o mellor para o futuro.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.