29/01/2011

O Burela FS Feminino revélase como o talón de Aquiles do Móstoles (0-0)

O Burela FS Feminino revélase como o talón de Aquiles do Móstoles (0-0)

A seriedade e a temperanza do Burela FSF Pescados Rubén conseguiron hoxe un punto de ouro en Vista Alegre ante o invencible líder mostoleño (0-0) nun encontro no que o espectáculo sobre a pista non se viu en absoluto empañado pola ausencia de goles. Con este empate, as mariñás e o templo laranxa revélanse como o talón de Aquiles do líder, o primeiro conxunto que consegue arrebatarlle a vitoria ao líder.


Cómodas na pista, as burelistas plantáronlle cara ao todopoderoso Móstoles dende o asubío inicial, ben posicionadas en defensa e sen apoucarse en ataque. Antes do minuto 5, Lidia tivo unha boa oportunidade soa ante Sonia, cun lanzamento baixo que rozou o pau. Dende o saque de esquina, as locais tamén crearon moito perigo; Claudia (minuto 8), Milena (10) e, de novo, Lidia (15) levantaron o aplauso da bancada coas súas tentativas.


Co reinicio, o cadro madrileño optou por facerse dono do balón, imprimindo velocidade nas transicións aproximándose á meta de Jozi. Os pés de Sonia evitaron un potente tiro de Lucía, no minuto 26. Ás locais tampouco as acompañou a fortuna con superioridade númerica tras a expulsión da meta Sonia, por dobre amarela (29).


Loitando contra o marcador e tratando o rival sen miramentos, o cadro de Pardeiro aínda amosou unha proba máis da súa valentía co xogo de cinco nos dous últimos minutos. De novo, a portería mostoleña fuxiu doutra tentativa laranxa, nun disparo longo e baixo de Lucía, faltando 10 segundos.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.