08/01/2011

O Burela desbanca as madrileñas (3-2) e colócase ás portas do podio

O Burela desbanca as madrileñas (3-2) e colócase ás portas do podio

A bancada laranxa foi testemuña hoxe dun dobre premio para o Burela FSF Pescados Rubén, que se fixo cos tres puntos ante o Atlético de Madrid Navalcarnero (3-2), desbancando o seu rival directo da cuarta praza. Con esta vitoria as pupilas de Javier Pardeiro soben un chanzo na táboa clasificatoria e colócanse ás portas do impoñente podio defendido polos todopoderosos Valladolid, Ponte Ourense e Móstoles.


Cun comezo moi equilibrado e con ocasións tímidas por ambas as dúas partes, o cadro burelao foi atopando o seu espazo na pista cunha defensa adiantada. Coas ideas claras e sen deixar de presionar, as mariñás inauguraron o electrónico, xa no minuto 8, grazas a unha pase longo de Jozi que caeu nos pés de Ro e entrou sen apenas esforzo na meta visitante. A oportunidade máis clara para as madrileñas chegou dun disparo de Anita Luján que petou contra o pau. Cando máis perigo estaba creando o Navalcarnero, Ro aproveitou un lanzamento cruzado de Dolo para subir o 2-0 (minuto 14). A escasos 30 segundos para o asubío do descanso, Marilia evitou unha nova vantaxe laranxa nun corpo a corpo con Claudia.


No segundo período, o Burela FSF puido conter a intensidade en ataque do Atlético cunha férrea defensa con aparicións moi acertadas de Lucía, autora ademais de ampliar a distancia ata o 3-0 (minuto 32). No entanto, a furia madrileña volveu ao partido cun par de materializacións, de Priscila (32) e Sara (33), en medio minuto. Con Natalia como porteira-xogadora o Navalcarnero presionou ata a extenuación, pero sen éxito, fronte a Jozi.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.