07/01/2011

O Burela FSF disputa a cuarta praza co Atlético de Madrid

O Burela FSF disputa a cuarta praza co Atlético de Madrid

Tras o éxito do III Trofeo Raíñas Meigas, Vista Alegre retoma a liga en 2011 con duelo de Honra. O Burela FSF Pescados Rubén intentará arrebatarlle a cuarta praza ao Atlético de Madrid Navalcarnero na visita de mañá á bomboneira, correspondente á décimo terceira xornada (18.30 horas).


Tan só dous puntos afastan as laranxas do obxectivo deste sábado. As pupilas de Javier Pardeiro deberán aplicarse a fondo ante un rival nada doado como visitante. As madrileñas conseguiron fóra da casa 13 dos seus 23 puntos totais, con catro vitorias (Ciudad de Alcorcón 1-6, Campillos 0-8, Soto del Real 1-2 e UCAM Murcia 1-5) e un empate (Natudelia.com Zaragoza 6-6).


O cadro burelao buscará a oitava xornada consecutiva sen coñecer a derrota para materializar a escalada ou, cando menos, garantir a quinta praza (21 puntos), asediada polo sexto clasificado, o Natudelia.com Zaragoza (20 puntos), que esta fin de semana recibe o vicepechacancelas, UCAM Murcia (5).


O vestiario de Javier Pardeiro afrontará o encontro un pouco resentido por un andazo de gripe.


Carnés 2011. Dende mañá, os socios/as do CD Burela FS só poderán acceder aos encontros laranxas cos carnés de 2011, dispoñibles xa nas oficinas do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entresollado), de luns a venres entre as 10.00-14.00 e as 16.00-20.00 horas.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.