04/01/2011

Novas acreditacións de socio/a para 2011

Novas acreditacións de socio/a para 2011

Dende este sábado (Burela FSF-Atlético de Madrid Navalcarnero), os socios/as do CD Burela FS só poderán acceder aos encontros laranxas cos carnés de 2011, dispoñibles xa nas oficinas do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entresollado), de luns a venres entre as 10.00-14.00 e as 16.00-20.00 horas.


A entidade laranxa recorda que, para recoller as novas acreditacións se deberá presentar o xustificante bancario da segunda cota, no caso de optar pola domiciliación como forma de pagamento. Con este carné, o Burela FS e o Centro Tesal Spa Termas de Villalba obsequian os socios/as laranxas cunha promoción especial 2x1 na entrada do Club e Circuíto Termal para todo 2011, ao prezo de 30 euros [www.tesal.com]. Así mesmo, miapuesta.com mantén activado un bono de 50 euros de principio de tempada para participar nos xogos de www.miapuesta.com/clubes.


O Burela FS volverá a Vista Alegre o 22 de xaneiro, por partida dobre, coas visitas do UMA Antequera, de Prata masculina, e o UCAM Murcia, de Honra feminina.


Abonos de media tempada. Co cambio de ano o CD Burela FS tamén ofrece a posibilidade de facer abonos de media tempada. No que respecta ás tarifas convencionais, de idade adulta, pódese escoller entre Abono Simple (38 euros) e Abono Dúo (63 euros), con dereito a dous carnés, sen existir vínculos familiares entre os socios/as. Dentro das tarifas especiais, o club pon á súa disposición o Abono 17 (14-17 anos) por tan só 10 euros; Abono 25 (25 euros), destinado a persoas entre os 18 e os 25 anos; e Abono de Xubilado (30 euros).


Non socios/as. Os prezos das entradas para os non socios son de 10 (adulto/a) e 3 (xuvenil, 14-17 anos) euros para presenciar os encontros de liga do Burela FS e 5 euros (tan só aldultos/as) para o Burela FSF Pescados Rubén.


 

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.