03/01/2011

As burelás pelexarán por un novo éxito no Raíñas Meigas ante o Poio FS

As burelás pelexarán por un novo éxito no Raíñas Meigas ante o Poio FS

As burelás, bicampioas do Trofeo Raíñas Meigas, pelexarán por un novo éxito na terceira edición da cita ante o Poio FS, da División de Prata. Vista Alegre acollerá o evento o martes 4 de xaneiro, con dobre cita; ás 18.30 horas, mediranse os conxuntos infantís e ás 20.00 horas tocaralle a quenda ao duelo sénior. A entrada será gratuíta.


As pupilas de Javier Pardeiro defenderán o trofeo ante un dos candidatos ao ascenso. O Poio FS, que xa quedou ás portas de Honra nas dúas últimas campañas, rematou 2010 na terceira praza do Grupo IV de Prata, a tan só un punto do líder, Leganés Masdeporte, e do segundo, Majadahonda FSF.


Ata o momento ningún rival foi capaz de arrebartarlle o título ao anfitrión. Na primeira edición, 2009, o Burela FSF Pescados Rubén impúxose nun triangular galego ante A Fervenza FSF e Cidade das Burgas FS. En 2010, validou o título fronte a un rival directo da División de Honra, o Valladolid FSF.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.