28/12/2010

O Infantil A laranxa accede ás semifinais do 'Cidade de Lugo'

O Infantil A laranxa accede ás semifinais do 'Cidade de Lugo'

O conxunto Infantil A da ED EON Burela FS disputará hoxe as semifinais do ‘Cidade de Lugo’ despois de impoñerse na fase de grupo a Os Meigallos (12-0), Salesianos (11-0) e EDM Vilalba (11-1). Club del Mar San Amaro será o rival dos laranxas, ás 14.00 horas, no Palacio Muncipal dos Deportes.


No caso de gañar e ademais impoñerse na final, fronte ao vencedor de Hércules-EDM Quiroga, o ED EON Burela conseguirá o billete para a seguinte fase, de carácter nacional/internacional, que se disputará entre o 2 e o 4 de xaneiro.


Menos sorte tiveron os outros dous representantes burelistas. O Alevín A caeu derrotado ante Club del Mar (3-0), Mare Nostrum (4-1) e Concello de Guitiriz (6-3) e o Cadete, pola súa banda, non puido impoñerse a Ciudad de Lugo Nupel (1-6), Barval (1-4) e Salesianos (3-5).


Horarios


13:00 horas: Hércules Coruña 7-0 EDM Quiroga (1ª semifinal infantil)


14:00 horas: Club del Mar San Amaro 1-5 ED EON Burela FS (2ª semifinal infantil)


19:00 horas: FINAL Hércules Coruña-ED EON Burela FS


21:00 horas: Cerimonia de clausura e entrega de trofeos

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.