27/12/2010

O mal tempo, protagonista do Torneo de Boal

O mal tempo, protagonista do Torneo de Boal

O mal tempo protagonizou o Torneo Benxamín de Boal o venres pasado; a neve e o estado esvaradío das estradas impediron a participación de varios equipos.


O ED EON Burela FS Benxamín A mediuse a Los Castros, con vitoria de 7-1, e ED Viveiro, con resultado en contra de 7-1. 


Cidade de Lugo. A primeira xornada do torneo lugués resolveuse para a representación burelista cunha vitoria, en Infantil (Os Meigallos FS 12-0), e dúas derrotas, en Alevín (Club del Mar 3-0) e Cadete (Ciudad de Lugo Nupel 1-6). Os conxuntos laranxas completarán hoxe a fase de grupos; no caso de quedar primeiros, os burelaos accederán ás semifinais de mañá, con vista á segunda fase do torneo, de carácter nacional/internacional, programada para o 2, 3 e 4 de xaneiro de 2011.


 


Luns 27 de decembro


14.00 horas: CD Mare Nostrum Alevín-ED EON Burela FS Alevín A (Casa do Deporte)


15.00 horas: ED EON Burela FS Infantil A-Salesianos Infantil (O Pombal)


15.00 horas: Burela FS Cadete-AD Barval Cadete (Palacio Municipal dos Deportes)


21.00 horas: Concello de Guitiriz Alevín-ED EON Burela FS Alevín A (Casa do Deporte)


23.00 horas: ED EON Burela FS Infantil A-EDM Vilalba Infantil (O Pombal)


23.00 horas: Burela FS Cadete-Salesianos Cadete (Palacio Municipal dos Deportes)

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.