22/12/2010

O Burela FS saborea a boa cociña do IES Foz

O Burela FS saborea a boa cociña do IES Foz

Unha pequena representación do CD Burela FS tivo a oportunidade de visitar as instalacións do IES Foz a semana pasada, achegándose á súa oferta formativa e saboreando a boa cociña dos futuros profesionais que se forxan nas súas aulas.


O directivo Antonio Ródenas, o director da ED EON Burela FS, Alfonso Mera, o adestrador Suso Rey, as xogadoras Jozi e Claudia e o xogador Christian compartiron un xantar co xefe de Departamento de Educación Física do centro, Tristán Alonso, nunha degustación de caza. A xuntanza serviu para perfilar novas sesións prácticas do CD Burela FS no instituto focego e así estreitar os lazos entre ambas as entidades.


En 2009-10, técnicos, xogadores e xogadoras do CD Burela FS xa compartiron un adestramento co alumnado de 1º da ESO. Esta primeira visita reuniu a máis de 40 rapaces e rapazas do centro, que puxeron en práctica exercicios de control, pases, condución e lanzamento a portería, ademais de xogos de posesión e un partidiño final.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.