10/12/2010

Antón Couto súmase a Manu e Juan nos adestramentos de Galicia Sub-19

Antón Couto súmase a Manu e Juan nos adestramentos de Galicia Sub-19

O xuvenil laranxa Antón Couto sumarase a Manuel Jiménez e Juan Quiroga no vindeiro adestramento da Selección Galega Sub-19, o luns 13 (pavillón compostelán de Roxos, 18.30 horas). O ala-pivote burelista recibiu a nova tras a súa recente participación co equipo sénior na XX Copa Galicia, ante o Ribeira FS. 


A outra novidade desta sesión será Alejandro Sal, do Xacobeo 2010 Autos Lobelle. Completan o chamamento Diego Núñez, Antonio Diz e Ángel Trabada, do Azkar Lugo FS; Sergio Castelao, David Pazos e Marcos Fernández, do Lobelle; Jorge Pérez, do Muebles Caloto; e Adrián Roma mais Antonio Rodríguez, do AD FS Bueu.


O combinado galego disputará a fase previa do Campeonato de España de Seleccións Territoriais entre o 27 e o 30 de decembro. A escuadra irmandiña competirá no Grupo II, con Andalucía como anfitrioa, Castela-A Mancha e Madrid.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.