05/12/2010

Os laranxas gañan ao Albacete e mantéñense na parte cómoda da táboa

Os laranxas gañan ao Albacete e mantéñense na parte cómoda da táboa

Comezou con acerto o partido para os de Suso Rey cos dous goles de Adri Gaona (2-0) no minuto 7 de partido.  Pero reaccionou ben o equipo manchego grazas ao tanto de Josete no 10 da primeira parte. Remataron así (2-1) os primeiros vinte minutos e tería que esperar a afección local ata ben iniciada a segunda parte para gozar de certa tranquilidade, logo de varias ocasións visitantes seguidas de prodixiosas intervencións de Edu. Marcou Víctor Cachón no minuto 26 (3-1) e, aínda que volvería transformar o Albacete no 33 (3-2) por mediación de Chino, foi André o que definiu (4-2) cando xa o equipo visitante xogaba con porteiro xogador.


Pouca historia lle quedaba ao encontro despois do gol do brasileiro, estrelado o Albacete unha e outra vez coa muralla defensiva local. Afiánzase o CD Burela FS nos postos de privilexio mentres espera o seu momento para dar o asalto final. Unha praza de ascenso directo a Honra decídese nesta segunda volta. E senón, sempre queda o consolo de volver loitar polo que sería o sexto play off de ascenso do club laranxa.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.