03/12/2010

O Burela FSF ponse a punto cun programa rexenerativo

O Burela FSF ponse a punto cun programa rexenerativo

Despois do sobreesforzo físico ao que estiveron sometidas nos primeiros meses de competición, as xogadoras de Burela FSF Pescados Rubén afrontaron a primeira semana da parada ligueira, con motivo do I Torneo Mundial de Fútbol Sala Feminino (Madrid, 6-11 decembro), cun coidadoso programa de adestramentos rexenerativos, alternando métodos activo e pasivo.


As sesións do cadro laranxa discorreron estes días entre a piscina, con tarefas de tonificación muscular, natación e xogos lúdicos, e o ximnasio, con exercicios de bicicleta, cinta rodante, circuíto de pesas e estiramentos. O equipo completou o plan de adestramento con sesións pasivas, de fisioterapia.


Co devandito programa, o conxunto feminino puido acelerar o proceso de recuperación muscular e metabólico, diminuíndo a tensión muscular e eliminando ácido láctico muscular e sanguíneo, ademais de restaurar as reservas enerxéticas e aumentar os niveis de elasticidade muscular.


A vindeira semana, as pupilas de Javier Pardeiro gozarán duns días de descanso, nos que contarán cun plan de traballo individualizado para continuar coa recuperación. O Burela FSF retomará os adestramentos de equipo o 13 de decembro, para preparar a volta á competición de Honra o 18 de decembro, na pista malagueña do CD Campillos, e despedir 2010.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.