26/11/2010

As promesas laranxas máis novas comezan a Liga Prebenxamín este domingo

As promesas laranxas máis novas comezan a Liga Prebenxamín este domingo

As promesas máis novas da EDM Burela FS comezan este domingo a súa andadura competitiva na Liga Prebenxamín da Mariña. Os dous conxuntos laranxas estrearanse a domicilio fronte ao Xove, o Prebenxamín A (nados/as en 2003) ás 11.30 e o B (nados/as en 2004) ás 12.30 horas.


Ambas as dúas competicións disputaranse en dez xornadas, co 20 de febreiro como peche. O EDM Burela FS Prebenxamín A, con Cuchi e Juanma como monitores, tamén deberá medirse a ED Mondoñedo, AD Santiago de Foz, Praia de Covas e Club del Mar FS. Nos enfrontamentos do EDM Burela FS Prebenxamín B, adoutrinado por Dolo e Purao, os rivais serán os mesmos, a excepción do Club del Mar FS.


 


No resto das categorías, as citas laranxas desta fin de semana serán:  


Liga Nacional Xuvenil


Azkar Lugo-Burela FS
Domingo 28 de novembro, ás 16.00 horas, no Centro Terra de Lugo


 


Liga Autonómica Infantil


Burela FS-EDM Guitiriz
Sábado 27 de novembro, ás 20.30 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela


 


Deporte Escolar


- EDM Burela FS Infantil B-A Mariña FS
Sábado 27 de novembro, ás 10.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela


- ACD Xove Infantil-EDM Burela FS Infantil A
Domingo 28 de novembro, ás 10.30 horas, no pavillón municipal de Xove


- EDM Burela FS Infantil Feminino-EDM O Valadouro Alevín
Sábado 27 de novembro, ás 11.40 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela


- ACD Xove Alevín-EDM Burela FS Alevín B
Sábado 27 de novembro, ás 11.00 horas, no pavillón municipal de Xove


- CFS Cidade de Viveiro Benxamín-EDM Burela FS Benxamín A
Aprazado


- EDM Burela FS Benxamín B-EDM Mondoñedo FS Benxamín
Aprazado


- EDM Burela FS Benxamín C-Praia de Covas Benxamín A
Sábado 27 de novembro, ás 10.50 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.