11/11/2010

A clínica Virxe da Mariña orienta en nutrición o Burela FSF

A clínica Virxe da Mariña orienta en nutrición o Burela FSF

Xogadoras e corpo técnico do Burela FSF Pescados Rubén recibiron esta tarde orientación sobre alimentación saudable na clínica da localidade Virxe da Mariña.


A enfermeira Marta Saa Fernández, especialista en Nutrición, centrou a charla nos hábitos aconsellables para seguir unha correcta alimentación, falando dos tipos de alimentos e dos principais que contén cada grupo; ademais destacou a importancia de determinados alimentos e nutrientes nos deportistas.


Marta Saa tamén fixo referencia aos erros máis comúns no mundo do deporte: “En xeral, entre os deportistas hai unha certa tendencia ao coidado da alimentación, aínda que fóra das comidas diarias tamén acostuman a deixarse levar coa inxesta de ácidos grasos saturados como os da bolería industrial” puntualizou a nutricionista, que tamén lles brindou aos membros laranxas pautas para manter afastadas enfermidades e trastornos alimentarios. 


A Virxe da Mariña, sita na avenida Arcadio Pardiñas, número 145, conta con atención nas especialidades de medicina xeral, enfermería, traumatoloxía e cirurxía ortopédica, dermatoloxía, xinecoloxía, otorrinolaringoloxía, psiquiatría, logopedia, fisioterapia, oftalmoloxía e radioloxía. O centro completa os seus servizos cun gabinete psicotécnico (conducción, permiso de armas e licenza de animais potencialmente perigosos); tratamentos dermoestéticos e con láser (vascular e depilación), entre os que destacan las técnicas de botox ou peeling para o antienvellecemento cutáneo; e educación alimentaria para tratar patoloxías como a obesidade, hipercolesterolemia ou hipertrigliceridemia.


A última novidade da clínica burelá é o Igualatorio Médico, iniciativa que ofrece un servizo integral que conta con facultativos altamente cualificados á disposición dos interesados en asociarse á Virxe da Mariña. Os adheridos ao Igualatorio dispoñen dunha boa asistencia sanitaria a prezos moi económicos, que poden abonar en cómodas cotas mensuais (dende só 20 € ao mes).

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.