04/11/2010

O Burela FSF volve á competición ante o novel Orvina

O Burela FSF volve á competición ante o novel Orvina

O Burela FSF Pescados Rubén regresa á competición este sábado na pista do CD Orvina KE, conxunto que loita por adaptarse á categoría na súa primeira tempada na elite, dende os postos baixos. O pavillón pamplonés Ezkaba acollerá a oitava xornada entre navarras e burelás a partir das 19.30 horas.


Tras a semana de descanso da División de Honra, o cadro laranxa encara esta cita con novos ánimos, recuperado da carga física, para non desprenderse do ecuador clasificatorio e asentarse nas prazas de Copa; as pupilas de Javier Pardeiro ostentan a sétima praza, con 10 puntos, empatadas co sexto, Cajasur Córdoba, e o oitavo, Natudelia.com Zaragoza. O Orvina, pola contra, é penúltimo; un só punto o distancia do farol vermello, o Campillos (3).


Nesta xornada, as burelistas encontraranse cun rival xa coñecido, co que compartiron a División de Prata hai dúas tempadas, cuxa forza, ata o momento, reside na casa. Os 4 puntos das pamplonesas son froito dun empate, ante o UCAM Murcia (2-2), e unha vitoria, ante o Zaragoza (4-3); na última cita perderon por un contundente 5-1 en Valladolid.


Derbi galego. Vista Alegre acollerá o segundo derbi galego da tempada na décimo terceira xornada, ante o Cidade das Burgas, o 13 de novembro.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.