15/10/2010

O Burela FS buscará o podio en Cáceres

O Burela FS buscará o podio en Cáceres

O Burela FS afronta a oitava xornada da Divisón de Prata na pista do Extremadura Cáceres 2016, na pelexa por reducir as distancias co podio dende a cuarta praza. O pavillón multiúsos Ciudad de Cáceres acollerá o encontro o domingo, a partir das 12.00 horas.


Dous vellos coñecidos do antigo Grupo Norte volverán verse as caras, cunha traxectoria ben dispar. Os pupilos de Suso Rey, que conseguiron ir asentándose na competición co paso das xornadas, están a 3 puntos do podio, por detrás do CD Puertollano (17), OPDE Ribera Navarra (18) e Colegios Arenas Gáldar (19). No lado oposto sitúase o Extremadura, vicepechancelas con 2 puntos; para os cacereños, que veñen de perder en Navarra (8-3), o mellor resultado ata o momento é o empate, logrado en Eivissa (3-3) e na casa ante o Zamora (1-1), na terceira e cuarta xornada respectivamente. No entanto, os estremeños asumirán a cita con moitas ganas, pola necesidade dos puntos, e máis aliviados fisicamente, xa que gozaron da xornada de descanso nesta intensísima semana.


Os mariñáns atoparán un cadro que, a pesar de apostar pola continuidade do proxecto da tempada pasada, conta con numerosas caras novas: o ala Bole, do Extremadura Delta Badajoz; os irmáns Cala, que en 2008-09 lograron o ascenso a Honra co Zamora; e o meta Juaki, do Alcalá de Guadaira; o ala-pivote Diegui, de El Ejido FS; ademais de Álvaro Pacheco e Sergio Salgado, do filial.


Adri Gaona, que xa se puido incorporar aos adestramentos onte, volverá vestir a camiseta laranxa para medirse ao que foi o seu equipo en 2009-10. Non obstante, esta non será a única novidade no vestiario burelista, que terá que saltar á pista cacereña sen Minu e sen Suso Rey. Tras as expulsións ante ElPozo do martes pasado, o xuíz de competición da RFEF resolveu sancionar o xogador cordobés cun partido de suspensión, por “interromper un lance de xogo”, e o técnico mariñán con dous por “protestar iradamente unha decisión arbitral”.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.