13/10/2010

A ourensá Lola regresa á portería laranxa

A ourensá Lola regresa á portería laranxa

A ourensá Dolores Fernández Sotelo, máis coñecida como Lola, compartirá por segundo ano consecutivo a defensa da portería laranxa con Jozi e Irene. A gardameta selou a súa continuidade no Burela FSF Pescados Rubén esta mañá, na compaña do directivo da entidade Marcelino Luna.


Lola amosou a súa ledicia por dispoñer da posibilidade de formar parte do Burela FSF un ano máis. “Estou moi ilusionada coa nova tempada. Conseguín o cambio de destino para A Mariña no meu labor docente na Escola Oficial de Idiomas para compatibilizar a miña profesión co deporte e así poder asumir maiores responsabilidades co equipo”.


“Estou segura de que esta nova tempada será igual de gratificante que a anterior. Poñereino todo da miña parte para contribuír aos logros do Burela FSF porque é un verdadeiro luxo adestrar e formar parte dun equipo desta calidade” dixo a meta laranxa, que xa tivo a oportunidade de participar nalgunha sesión preparatoria dende o comezo de tempada.


A ourensá ve con bos ollos a traxectoria das súas compañeiras, que “están collendo o ritmo da competición pouco a pouco”. Para Lola, a próxima visita do Soto del Real debe ser para o Burela: “O Soto perdeu gran parte da súa fortaleza coa marcha da porteira. Se non nos contaxiamos do seu xogo poderemos facernos co partido”, concluíu.


Marcelino Luna, pola súa banda, destacou “a implicación e sacrificio da porteira dende a súa chegada ao club”.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.