08/10/2010

As laranxas buscarán os tres primeiros puntos de Vista Alegre na visita do Zaragoza

As laranxas buscarán os tres primeiros puntos de Vista Alegre na visita do Zaragoza

O Burela FSF Pescados Rubén volve mañá a Vista Alegre (18.30 horas), coa cuarta xornada de Honra. Despois do triunfo na Rioxa, as laranxas buscarán os tres primeiros puntos na casa ante o Natudelia.com Zaragoza.


En tres puntos avantaxan as aragonesas ás burelistas, no tramo medio-alto da táboa, xunto ao Atlético de Madrid Navalcarnero, Cidade das Burgas e Soto del Real. As mariñás intentarán facer valer o factor cancha e a fortaleza anímica da vitoria da semana pasada ante un rival que tamén vén de gañar, ante as valisotenas.


Non será tarefa doada arrebatar o encontro ás mañas, cun xogo baseado na defensa atrasada e no contragolpe, ante o que o cadro de Javier Pardeiro non reacciona con solvencia. Ata o momento, os goles protagonizan as citas do Natudelia en partidos que se deciden pola mínima (Rioja 5-6, Soto del Real 2-3 e Valladolid 5-4).


Segundo informou o club zaragozano, o cadro visitante saltará á bomboneira coa baixa de Silvia Andreu e coa dúbida de Eva Ortega, que non puido adestrar con normalidade durante a semana por un golpe que recibiu na cara no último encontro. 


Xornada 5. A vindeira cita das laranxas será o martes, 12 de outubro, en Valladolid (pavillón Pilar Fernández Valderrama, 12.30 horas).


 


Retirada de carnés


Os carnés de socio/a 2010-11 tan só se poden retirar nas oficinas do club, de luns a venres (Horario de atención: 10.00-14.00 e 16.00-20.00 horas). A entidade laranxa recorda que, para recoller as devanditas acreditacións (válidas ata decembro), se deberá presentar o xustificante bancario da primeira cota, no caso de optar pola domiciliación como forma de pagamento. Con este carné, o Burela FS e miapuesta.com obsequian os socios/as laranxas cun bono de 50 euros para participar nos xogos de www.miapuesta.com/clubes.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.