02/10/2010

Empate amargo en Vista Alegre

Empate amargo en Vista Alegre

O Burela FS empatou (3-3) ante o Unión África Ceutí nun partido que dominaron os laranxas, aínda que careceron da contundencia necesaria en momentos clave. O cadro visitante, pola contra, chegou en tres ocasións ao marco de Edu na primeira parte e no minuto 13 vencía por 0-2.


Reconduciron a situación os de Suso Rey na segunda metade, cun xogo máis directo e con maior intensidade. Tralo gol de Juanma, no 21, o Burela FS dispuxo de varias ocasións claras e acosou a meta ceutí. Adri Gaona e Juanma, de dobre penalti, déronlle a volta ao marcador co equipo visitante cargado de faltas e embotellado na súa área. Pero unha sanción discutible a Gaona no minuto 38 supuxo a segunda amarela para o xogador burelao e a consecuente expulsión. Esta circunstancia marcaría o resultado do partido, pois o cadro laranxa aguantou ben a defensa con tres homes ata os instantes finais. Pero, a falta de 7 segundos, Jacobo lanzou un balón que se colou na meta de Edu. Empate, cando xa estaban os tres puntos camiño do vestiario laranxa.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.