01/10/2010

O Unión África Ceutí recala no parapeto burelista

O Unión África Ceutí recala no parapeto burelista

O cadro laranxa buscará mañá, na quinta xornada de Prata, manter a imbatibilidade de Vista Alegre. O Unión África Ceutí recalará por primeira vez no parapeto do Burela FS, representando a décima praza, cun punto menos cós de Suso Rey, que están sextos (7 puntos). A cita dará comezo ás 18.30 horas.


Os burelistas enfrontaranse a un conxunto con especial predilección pola defensa a media pista, que intenta aproveitar o erro do rival, ademais de espremer a calidade dos seus mellores xogadores no un contra un. Xunto ao ala ex-burelista Jacobo, o vestiario de Suso Rey tamén posúe referencias ceutís de Serginho e Kike Barroso, cos que xa se enfrontou no Andorra e no Cáceres 2016, respectivamente, ademais de Salvi, que participou nos adestramentos estivais da entidade laranxa hai un par de tempadas.


Sendo fiel a unha liña de evolución continua, o Burela FS pelexará pola súa terceira vitoria como local, despois do valioso empate en Andorra (2-2). O Ceuta, pola súa banda, saltará á pista da bomboneira tras unha enérxica vitoria fronte ao OPDE Ribera Navarra (3-1); antes da xornada de descanso, este conxunto caeu como local ante o Puertollano (1-5) e venceu a domicilio ao descendido Zamora (3-4).


Entre os mariñáns, non poderá participar Víctor Cachón, inmerso en plena recuperación dunha rotura parcial de ligamento lateral interno. Na convocatoria ceutí figuran os gardametas Cárdenas e Abel Casas, ademais dos xogadores Kike Barroso, Coca, Sufi, Ismael, Chito, Serginho, Salvi, Jacobo e o xuvenil Tuli.


 


Recollida de carnés


Os socios/as 2010-11 que aínda non teñan no seu poder a acreditación desta tempada poderán recoller a entrada, totalmente gratuíta, para o encontro Burela FS-Ceuta, o sábado en Vista Alegre. A partir de mañá, os socios/as laranxas só poderán acceder ás citas burelistas presentando o carné actualizado


As devanditas credenciais pódense retirar exclusivamente nas oficinas do club (Horario de atención: 10.00-14.00 e 16.00-20.00 horas, de luns a venres). Con este carné, o Burela FS e miapuesta.com obsequian os socios/as laranxas cun bono de 50 euros para participar nos xogos de www.miapuesta.com/clubes.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.