02/09/2010

Os socios/as necesitarán entrada para o sábado 4

Os socios/as necesitarán entrada para o sábado 4

O Burela FS entregará entradas a todos os socios/as 2010-11 para o primeiro partido da liga o sábado 4, ante o Melilla FS, ante a imposibilidade de distribuír os carnés da nova tempada para esta semana.  A empresa subministradora das credenciais viuse obrigada a ampliar os prazos de entrega por problemas loxísticos que prevé resolver nos próximos días.


 


Os interesados/as poden retirar a súa entrada o sábado, antes do partido, no pavillón ou na sede do club, entre hoxe e o sábado. O HORARIO DE ATENCIÓN para hoxe e mañá na oficina será de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas e o sábado entre as 10.00 e as 13.00 horas.


 


ABONOS. A tempada 2010-11 incorpora vantaxes en abonos e prezos para adaptarse ás necesidades dos socios/as burelistas. Dentro das tarifas especiais, o club laranxa crea o Abono 25 (50 euros), destinado a persoas entre os 18 e os 25 anos, e suprime o antigo Abono Universitario. Para os máis novos, mantense o Abono 17 (14-17 anos) por tan só 20 euros para toda a tempada. Tamén se conserva, sen modificacións, o Abono de Xubilado (60 euros). No que respecta ás tarifas convencionais, de idade adulta, o CD Burela FS mantén o Abono Simple (75 euros) e substitúe o antigo Abono Familiar polo Abono Dúo (125 euros), que ofrece a posibilidade de acceder ao pack desconto de 2 carnés, sen existir vínculos familiares entre os socios/as.


 


NON SOCIOS/AS. Os prezos das entradas para os non socios serán de 10 (adulto/a) e 3 (xuvenil, 14-17 anos) euros para presenciar os encontros de liga do Burela FS e 5 euros (tan só aldultos/as) para o Burela FSF Pescados Rubén.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.