02/09/2010

Os cadetes comezarán a adestrar o 7 de setembro con Julio Delgado

Os cadetes comezarán a adestrar o 7 de setembro con Julio Delgado

O conxunto cadete do CD Burela FS comezará a preparación 2010-11 o vindeiro martes, 7 de setembro, baixo as ordes de Julio Delgado, ex-xogador laranxa que xa compartiu responsabilidades técnicas con Suso Rey no primeiro equipo masculino a tempada pasada.


O club empraza para a primeira sesión de adestramento, o día  7, a todos aqueles rapaces nados entre 1995 e 1996 que estean interesados en formar parte do equipo cadete laranxa. Será no pavillón dos Castros, ás 20.00 horas.


 


ESCOLA. Durante estes días, a EDM Burela FS tamén está recibindo as matrículas dos máis pequenos, cuxo prazo estará aberto ata o 10 de setembro. Poden inscribirse na escola laranxa 2010-11 os nenos e nenas de entre 6 e 14 anos (nados entre 1997 e 2004), dende a categoría prebenxamín ata a infantil.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.