25/08/2010

Unha de cal e unha de area na cita pontenovesa

Unha de cal e unha de area na cita pontenovesa

O triangular da Pontenova resolveuse onte para o Burela FS cunha de cal e unha de area. Os laranxas puideron impoñerse ao anfitrión, Superti-A Pontenova, por 1-0, pero, co terceiro en discordia, Marfil Santa Coloma, a fortuna non estivo do seu lado (3-2).


Suso Rey botou man de todos os seus efectivos, coas ausencias dos lesionados Juanma e André, para intentar neutralizar o conxunto barcelonés de Honra, no seu terceiro encontro da pretempada. Con Edu, Minu, Esteller, Víctor Cachón e Paleta no cinco inicial, o Burela FS adiantouse no marcador grazas a Esteller. Tras a igualada de Gerard, Víctor Cachón devolveu a vantaxe para os mariñáns, pero a destreza ofensiva do Marfil reapareceu para empatar e colocarse co 3-2 final.


Ante o Superti, de Primeira Nacional A, a responsabilidade baixo os paus recaeu en Brais, cun quinteto inicial moi novo, xunto a Paleta, Adri Gaona, Víctor Cachón e Manu. A vitoria saíu das zapatillas de Paleta.


O terceiro enfrontamento, entre barceloneses e pontenoveses, foi para a escuadra de Honra por 2-0.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.