24/08/2010

Superti-A Pontenova e Burela FS, unidos no impulso do fútbol sala mariñán

Superti-A Pontenova e Burela FS, unidos no impulso do fútbol sala mariñán

O Superti-A Pontenova e o CD Burela FS veñen de asinar un convenio de colaboración de cara a 2010-11 para traballar conxuntamente no impulso do fútbol sala na Mariña e na formación das categorías inferiores. O presidente da entidade, Manuel Piñeiro, e o directivo Jesús Miguel Díaz selaron o acordo co máximo responsable do CD Burela FS, José Ramón González Casas, a semana pasada, nas oficinas laranxas.


Manuel Piñeiro e Jesús Miguel Díaz amosaron o seu agrado polo achegamento entre ambas as dúas entidades: “Somos os dous equipos de referencia na comarca e con esta colaboración podemos conseguir unha maior consolidación do noso deporte a través da organización de eventos e a ensinanza dos máis pequenos”. Pola súa banda, o presidente laranxa tamén incidiu “na importancia de unir forzas pola difusión do fútbol sala co Superti, un club que xa leva unha década loitando por este deporte na Mariña”.


No marco do devandito acordo, xogadores e adestradores do Superti-A Pontenova compartirán xornadas de convivencia e amigables cos membros do CD Burela FS; tamén recibirán pases especiais para presenciar os encontros laranxas e poderán acceder a tarifas especiais nas actividades programadas dende o club. Así mesmo, ambos os dous clubs tamén establecen a dispoñibilidade a favor da cesión de xogadores entre eles.


Creado en 1999, o CD Rececende Superti-A Pontenova afrontará en 2010-11 a súa segunda tempada en Primeira Nacional A. O club pontenovés tamén conta con experiencia na formación de base.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.