20/08/2010

A clínica Virxe da Mariña revisa os primeiros equipos do CD Burela FS

A clínica Virxe da Mariña revisa os primeiros equipos do CD Burela FS

A clínica médico-cirúrxica Virxe da Mariña de Burela realiza, un ano máis, as revisións do CD Burela FS como parte esencial do acondicionamento de cara á tempada. Durante estes días, os xogadores e xogadoras laranxas sometéronse ás correspondentes exploracións médicas, para control e exame da preparación física.


Xunto aos recoñecementos da pretempada, os equipos masculino e feminino tamén estarán supervisados polos especialistas do centro ao longo da competición ligueira.


A Virxe da Mariña, sita na avenida Arcadio Pardiñas, número 145, conta con atención nas especialidades de medicina xeral, enfermería, traumatoloxía e cirurxía ortopédica, dermatoloxía, xinecoloxía, otorrinolaringoloxía, psiquiatría, logopedia, fisioterapia, oftalmoloxía e radioloxía. O centro completa os seus servizos cun gabinete psicotécnico (conducción, permiso de armas e licenza de animais potencialmente perigosos);  tratamentos dermoestéticos e con láser (vascular e depilación), entre os que destacan as técnicas de botox ou peeling para o antienvellecemento cutáneo; e educación alimentaria para tratar patoloxías como a obesidade, hipercolesterolemia ou hipertrigliceridemia.


A última novidade da clínica burelá é o Igualatorio Médico, iniciativa que ofrece un servizo integral que conta con facultativos altamente cualificados á disposición dos interesados en asociarse á Virxe da Mariña. Os adheridos ao Igualatorio dispoñen dunha boa asistencia sanitaria a prezos moi económicos, que poden abonar en cómodas cotas mensuais (dende só 20 € ao mes).

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.