13/08/2010

O presidente de FEVE reúnese con Alfredo Llano e o CD Burela FS para coñecer o proxecto laranxa

O presidente de FEVE reúnese con Alfredo Llano e o CD Burela FS para coñecer o proxecto laranxa

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, exerceu de anfitrión na reunión que mantivo o presidente de FEVE, Ángel Villalba, co equipo directivo do CD Burela Fútbol Sala. Durante a xuntanza, que tivo lugar na casa do concello burelao, Llano aproveitou a ocasión para presentarlle a Villalba o proxecto deportivo da entidade, “un proxecto afianzado, que representa a Galicia e todo o Cantábrico por toda España; composto por unha masa social moi participativa”. Pola súa parte, o presidente de FEVE valorou moi positivamente o proxecto laranxa e comprometeuse a iniciar a colaboración co Burela FS  “na medida das posibilidades e sempre tendo en conta as restriccións económicas nunha época tan complicada como a actual”.


Ángel Villalba prestou atención á exposición do proxecto e confirmou o interese amosado con anterioridade. O propio rexedor, Alfredo Llano, mantivo unha conversación previa para facerlle saber do interese do club por presentarlle o plan de traballo do Burela FS.


O presidente do club, José Ramón González, mostrou a súa satisfacción tras a reunión, pois confirmou “a boa imaxe que o Burela FS está a dar non só no ámbito deportivo, senón tamén como entidade presente na sociedade”.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.