09/08/2010

Apúntate xa á escola do Burela FS Feminino Pescados Rubén!

Apúntate xa á escola do Burela FS Feminino Pescados Rubén!

Na súa firme aposta polo deporte en igualdade na Mariña, o Burela FSF Pescados Rubén abre esta semana a campaña da escola feminina para o vindeiro curso, coincidindo coa súa segunda tempada na División de Honra.

A entidade laranxa difundirá o seu novo proxecto dándoo a coñecer por toda A Mariña, coa axuda da capitá laranxa, Claudia Rodríguez, e a alumna da EDM Burela FS, Carla Bolaños, a través de xornais, radio e carteis informativos.

Ambas as dúas protagonistas convidan as rapazas da comarca a compartir os segredos do fútbol sala coas cores laranxas. Así que xa sabes, se tes entre 6 e 18 anos e che gusta o fútbol sala, a escola do Burela FSF Pescados Rubén ten as súas portas abertas para ti. Ven e anímate a gozar deste deporte xunto a xogadoras da máxima categoría! 

As persoas interesadas poden obter máis información nas oficinas do CD Burela FS (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entresollado) ou mergullándose na web laranxa. Teléfono de contacto: 982 58 18 15

 

REUNIÓN. O vindeiro 27 de agosto, ás 19.00 horas, no Salón de Conferencias de Burela terá lugar unha reunión informativa con todos os pais/nais e nenas interesadas. Na devandita xuntanza valorarase a creación das diferentes categorías en función do número de nenas inscritas.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.