04/08/2010

Lucas volta ao corpo técnico laranxa

Lucas volta ao corpo técnico laranxa

Iván Cao Valle, máis coñecido como Lucas, volta ao corpo técnico do CD Burela FS para a tempada 2010-11. O adestrador mariñán estará á fronte do conxunto xuvenil laranxa, ademais de asistir a Suso Rey na preparación do primeiro equipo masculino, co que xa compartiu as primeiras sesións da pretempada durante estes días.


Un total de oito anos conforman a anterior etapa de Lucas no club burelista, entre 2001 e 2009. O seu labor como auxiliar do cadro masculino nas primeiras tempadas deu paso ao cargo de segundo adestrador en 2004. Entre 2007 e 2009 o técnico mariñán tamén formou parte do profesorado da EDM Burela FS, dirixida por Alfonso Mera.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.