26/07/2010

O Burela FSF arranca a liga 2010-11 o 18 de setembro, en Móstoles

O Burela FSF arranca a liga 2010-11 o 18 de setembro, en Móstoles

O Burela FSF Pescados Rubén arrancará a liga 2010-11 o 18 de setembro como visitante, na casa do FSF Móstoles, terceiro clasificado da tempada pasada e vixente campión da Copa de España. O primeiro partido en Vista Alegre será o día 25, en derbi galego, ante o Ponte Ourense SAD.


Un total de dezaseis conxuntos compoñerán a competición da División de Honra Feminina no vindeiro exercicio, que se prolongará ata finais de maio. Diamante La Rioja, Ponte Ourense SAD, FSF Móstoles, UCAM Murcia, Cajasur Córdoba, Atlético de Madrid Navalcarnero, CD Campillos, Soto del Real, Natudelia.com Zaragoza, Valladolid FSF, Queralt Gironella e Femesala Elche serán os rivais das burelistas, ademais dos recentemente ascendidos CD Orvina, Cidade das Burgas FS e FS Ciudad de Alcorcón.


Os oito primeiros clasificados da primeira volta disputarán a Copa de España unha vez remate a liga, período proposto polo CD Burela FS ante a Asociación de Clubs de Fútbol Sala Feminino o pasado mes de abril e que contou co apoio da maioría da categoría.


 


Calendario completo

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.