26/07/2010

O Burela FS ponse en marcha esta tarde

O Burela FS ponse en marcha esta tarde

O Burela FS 2010-11 ponse en marcha hoxe en Vista Alegre. Suso Rey contará con 14 xogadores para a pretempada, co torneo de Melide (17 de agosto) e o Celso Currás de Trabada (21 de agosto) entre as súas primeiras citas.


Edu, Víctor Cachón, Juanma, Manuel Jiménez, Christian, Brais, Adri Gaona, Jean Cividini, Turero e Minu estarán baixo as ordes de Suso Rey, que os convocou ás 16.00 horas no pavillón burelao. Adriá Esteller incorporarase aos adestramentos durante a xornada de mañá, mentres que Purao e André o terán que adiar ata o 1 de agosto, data prevista para o seu regreso do Brasil. Outro xogador que adestrará durante a pretempada co cadro mariñán será o gaditano David Richarte León, máis coñecido como Paleta, procedente do CD Virgili andaluz (Primeira Nacional A) e que en 2008 xa participou nos adestramentos de verán para promesas futbolísticas organizados polo CD Burela FS.


O equipo laranxa xogará preto dunha decena de partidos de preparación ao longo dunha intensa pretempada. A posta de longo do Burela FS ante a afección será o sábado 6 de agosto na bomboneira, coa presentación do equipo.


 


No calendario laranxa, xa están confirmados:


 


Venres 6 de agosto
Presentación do equipo masculino do CD Burela FS
Localización: Pavillón Vista Alegre de Burela


 


Martes 17 de agosto
Burela FS-Marfil Santa Coloma
Localización: Torneo de Melide


 


Xoves 19 de agosto
Burela FS-Trabada FS
Localización: Torneo de Melide


 


Sábado 21 de agosto
Burela FS-Marfil Santa Coloma
Localización: Pavillón municipal de Trabada, Memorial Celso Currás


 


Martes 24 de agosto
Triangular Marfil Santa Coloma-Burela FS-Superti A Pontenova
Localización: Pavillón municipal da Pontenova


 


Sábado 28 de agosto
Xacobeo 2010 Lobelle de Santiago-Burela FS
Localización: Ourense


 


Mércores 1 de setembro
Burela FS-Pinturas Brulak
Localización: Pavillón Vista Alegre de Burela

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.