21/06/2010

Boa actuación dos alevíns e benxamíns no Torneo de Betanzos

Boa actuación dos alevíns e benxamíns no Torneo de Betanzos

O equipo alevín da ED Burela FS finalizou o Torneo Cidade de Betanzos como subcampión, ao caer na final ante o Azkar por 0-6. A escuadra dirixida por Madar non tivo o seu mellor día ante o cadro transportista, aínda que este resultado non enturba o seu bo torneo. No grupo, o alevín laranxa desfíxose con facilidade do Hércules (13-0), aínda que perdeu por 4-0 ante o Troula. Na rolda de semifinais, venceu con autoridade ao Guitiriz por 8-3.


Pola súa banda, os benxamíns estiveron moi preto de chegar á gran final, xa que caeron en semifinais contra o Azkar. Os transportistas derrotaron os laranxas por 3-2 nun encontro moi equilibrado e disputado ata o asubío final. Os pupilos de Carlos xa se mediron ao Azkar no partido de grupo, vencendo os mariñáns por 0-2, que tamén derrotaron ao Río do Pozo por 7-1, cunha actuación estelar de Luca, autor dos sete goles laranxas.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.