01/06/2010

Visita de técnicos e xogador@s burelistas ao IES de Foz

Visita de técnicos e xogador@s burelistas ao IES de Foz

O IES de Foz recibiu onte pola tarde a visita de técnicos e futbolistas do CD Burela FS, que compartiron un adestramento co alumnado de 1º da ESO. Xunto ao director da escola deportiva, Alfonso Mera, e o segundo adestrador do equipo feminino, Marcelo Santoro ‘Neco’, tamén participaron os deportistas Claudia, Raquel de Souza e Christian.


A sesión reuniu a 42 rapaces e rapazas do centro focego, que os membros do club laranxa distribuíron en dous grupos para poñer en práctica exercicios de control, pases, condución e lanzamento a portería, cun quentamento previo. A segunda parte do adestramento centrouse en xogos de posesión e un partidiño final.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.