28/05/2010

O Burela FSF recibe o campión de España nunha xornada solidaria a favor de Camiña

O Burela FSF recibe o campión de España nunha xornada solidaria a favor de Camiña

O Burela FSF Pescados Rubén recibe esta fin de semana en Vista Alegre o Móstoles FSF, vixente campión da Copa de  España e terceiro clasificado de Honra, nunha xornada solidaria a favor de Camiña. O club laranxa destinará a recadación íntegra do encontro de mañá (18.30 horas) á devandita asociación de discapacitados burelá, coa que mantén unha estreita colaboración dende hai anos.


Tarefa complicadísima a que se lles presenta ás pupilas de Javier Pardeiro na trixésimo primeira xornada ante un rival dos máis contundentes da categoría, responsable da máxima goleada encaixada polo Burela FSF (9-0) na presente tempada. Con catro citas por diante para o remate ligueiro, as mostoleñas (65 puntos) pelexarán pola vitoria para reducir a distancia cos postos máis altos, Femesala Elche (71) e Cajasur Córdoba (75). Parece que as madrileñas conseguiron collerlles a medida na ida ás laranxas, que intentarán pulir os erros que as condenaron a este avultado resultado en contra para non ceder a súa actual sétima praza (47). No que vai de segunda volta o Móstoles tan só renunciou a 9 puntos, 6 na casa (Femesala 3-5 e Gironella 3-4) e 3 como visitante (Valladolid 2-1).


O Valladolid, que ostenta a sexta praza empatado a puntos coas burelás, visitará o pechacancelas, Pinto Cellosa Torrejón. Pisándolle os talóns ao cadro laranxa, o Atlético de Madrid Navalcarnero, oitavo con 46 puntos, contará con dobre cita esta fin de semana: o sábado recibirá o Ponte Ourense (noveno, 40),  na vixésimo novena xornada, aprazada pola participación das madrileñas na IV Futsal Nations Cup en Portugal; e o domingo enfrontarase, tamén como local, ao Diamante La Rioja (quinto, 52).

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.