20/05/2010

Os prebenxamíns A e C participarán no 'Cidade de Betanzos'

Os prebenxamíns A e C participarán no 'Cidade de Betanzos'

Os conxuntos Prebenxamín A e C da EDM Burela FS participarán no V Torneo de Fútbol Sala Base ‘Cidade de Betanzos’ o vindeiro sábado, 22 de maio.


Un total de 12 equipos das provincias coruñesa e luguesa, distribuídos en 4 grupos, disputarán a competición no pavillón municipal de Betanzos a partir das 10.00 horas. Ao EDM Burela FS A tocaralle medirse a Colegio Liceo La Paz (12.30) e Club del Mar (14.30), mentres que o B se enfrontará a Maristas (13.00) e Mat. Atlántico O Parrulo (15.00).


Os gañadores de grupo veranse as caras nas semifinais, a partir das 16.15 horas, e a final será ás 17.30.


 


GRUPOS


10.00 horas: CD Río do Pozo-Concello de Miño
10.30 horas: Club del Mar-Colegio Liceo La Paz
11.00 horas: Mat. Atlántico O Parrulo FS-Maristas
11.30 horas: Praia de Covas-Concello de Curtis
12.00 horas: Concello de Miño-Troula FS B
12.30 horas: Colegio Liceo La Paz-EDM Burela FS A
13.00 horas: Maristas-EDM Burela FS C
13.30 horas: Concello de Curtis-Troula FS A
14.00 horas: Troula FS B-CD Río do Pozo
14.30 horas: EDM Burela FS A-Club del Mar
15.00 horas: EDM Burela FS C-Mat. Atlántico O Parrulo
15.30 horas: Troula FS A-Praia de Covas


 


SEMIFINAIS


16.15 horas: 1º Grupo A-1º Grupo B
16.45 horas: 1º Grupo C-1º Grupo D


 


FINAL


17.30 horas: Gañador 1ºA/1ºB-Gañador 1ºC/1ºD


18.00 horas: ENTREGA DE TROFEOS

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.