13/05/2010

O pavillón Monte Castelo acollerá a churrascada da Pataca Naranxa (sábado 15)

O pavillón Monte Castelo acollerá a churrascada da Pataca Naranxa (sábado 15)

Baixo o lema ‘Todos xuntos por unha ilusión’, a peña A Pataca Naranxa reunirá unha vez máis a afección burelista nunha xornada gastronómica, o vindeiro sábado, como antesala da festa que vivirá Vista Alegre coa visita do Space Gasifred Ciutat d’Eivissa (18.30 horas), no segundo encontro da primeira eliminatoria do play off a Honra. O pavillón Monte Castelo será o escenario elixido para acoller a gran churrascada da Pataca, a partir das 15.00 horas.


O prezo da comida será de 10 euros para adultos/as e 5 para nenos/as. Todas as persoas que queiran sumarse a este macroxantar de play off poden retirar os tíckets na cafetería Vista Alegre, a cervexería O Trisquel e A Parrillada de Jandro ou facer a reserva no teléfono da peña, 607 748 786.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.