07/05/2010

Segunda parte do derbi galego, na cidade das Burgas

Segunda parte do derbi galego, na cidade das Burgas

O Burela FSF Pescados Rubén afronta mañá a segunda parte do derbi galego na División de Honra, ante o Ponte Ourense FSF; será no pavillón dos Remedios da cidade das Burgas, a partir das 16.30 horas.


Con 27 xornadas ao lombo, as mariñás defenderán a sétima praza (43 puntos) fronte á undécima das ourensás (34), que tentarán desquitarse da derrota por 5-2 en Vista Alegre.


Javier Pardeiro contará con pleno de efectivos no vestiario laranxa nunha cita na que o Burela FSF precisa puntuar para conservar a distancia co oitavo, Valladolid (41), que esta fin de semana recibe o Campillos –décimo terceiro-, e aproximarse ao Atlético de Madrid Navalcarnero, que visitará o Natudelia.com Zaragoza –décimo- dende a sexta posición (45 puntos).

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.