30/04/2010

As laranxas voltan á bomboneira fronte ao Zaragoza

As laranxas voltan á bomboneira fronte ao Zaragoza

Despois dun mes, entre descansos ligueiros e a participación na Copa de España, o Burela FSF Pescados Rubén volta mañá á bomboneira ante o Natudelia.com Zaragoza, un rival que pelexa por asentarse no ecuador clasificatorio. A vixésimo sétima xornada laranxa en Honra comezará ás 18.30 horas.


Na sétima posición e con 42 puntos, as pupilas de Javier Pardeiro terán unha boa ocasión para eliminar a distancia co sexto, o Atlético de Madrid Navalcarnero (45), ao que lle toca descansar, e manter a vantaxe sobre o oitavo, Valladolid FSF (41), que lle pisa os talóns.


Neste enfrontamento, as mariñás tentarán desquitarse da derrota do primeiro encontro, que cun 5-2 rachou coa etapa de gloria do equipo revelación de Honra, con seis vitorias consecutivas para o Burela FSF. Aínda que os resultados non o están acompañando moito na segunda volta, con tan só 10 puntos dos 27 en xogo, o Natudelia chegará a Vista Alegre nunha modesta undécima posición, especialmente motivado tras recuperar o triunfo, ante o Preconte Telde (7-3).

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.