27/04/2010

Eivissa, máximo candidato á primeira rolda de ascenso fronte ao Burela FS

Eivissa, máximo candidato á primeira rolda de ascenso fronte ao Burela FS

A falta dunha soa xornada para que conclúa a fase regular na División de Prata, todo fai indicar que o Gasifred Eivissa será o primeiro escollo do Burela FS no seu quinto intento por alcanzar a máxima categoría. Como segundo clasificado do Grupo Norte, ao equipo mariñán correspóndelle cruzarse no arranque do play off co cuarto do Grupo Sur, e o conxunto eivisenco parte con vantaxe sobre os seus perseguidores e é o favorito nas apostas para ese posto.


Antequera (Málaga), Jumilla Montesinos (Murcia) e Melilla tamén encaran a xornada definitiva con opcións de alcanzar a zona de promoción, aínda que as dos dous últimos son remotas. Coma case todos os especialistas na materia, o preparador do Burela FS inclínase polo Eivissa. “Vexo moi difícil que o Bujalance poida sacar algo de alí”, indica Suso Rey. Pero o seu desexo non é ese. “Calquera dos dous [Eivissa e Antequera] son fortes na súa cancha, aínda que preferiría ao Antequera. A pesar de que o seu xogo é anárquico e non nos beneficia, paréceme máis accesible”, explica.


O único seguro é que o Burela FS disputará a decisiva promoción sen mellorar o segundo do Grupo Sur. A posibilidade de acabar campión de grupo ou superar o coeficiente do Puertollano volveuse imposible co tropezo do sábado ante o Delta Badajoz (4-4). Suso Rey admite que o seu equipo “non estivo ben” e atribúese parte da responsabilidade. “Quizá os presionei demasiado ou non souben elixir a mellor fórmula motivadora; non fomos verticais e custounos moitísimo mover o balón”, engadiu.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.