Empate (4-4) ante o Delta Badajoz no último partido da liga regular en Vista Alegre
Andaban os mariñáns pensando aínda no doado que se lles puxera o partido ante os estremeños logo do gol de Minu no minuto 7 (1-0) que a duras penas puideron reaccionar cun gol de Dani Martín, no último suspiro do primeiro tempo, ao ameazante 1-3 que lucía o electrónico aló polo minuto 19.
Os de Suso Rey lanzáronse con máis determinación que acerto cara á portería rival no segundo tempo, pero atopáronse cun gol do incisivo Baena no 32 (2-4) e xa a remontada parecía imposible. Pero algo lle queda aínda a Vista Alegre de talismán para o equipo laranxa cando as cousas semellan imposibles, que o sábado se viviu outro deses momentos máxicos co empate no último suspiro, con goles de Dani Martín e Juanma. Empate que soubo a vitoria, máis que nada porque poucos dos que alí estabamos criamos xa nel. Parece que o equipo está a prepararnos para finais de infarto. Queda menos para o play off de ascenso. Benvidos/as ao fútbol sala.
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas