23/04/2010

Vista Alegre clausura a competición de Prata ante o Delta Badajoz

Vista Alegre clausura a competición de Prata ante o Delta Badajoz

Inmerso nunha recta final de vertixe, o Burela FS disputará mañá o seu último partido ligueiro en Vista Alegre, na vixésima novena e penúltima xornada de Prata, coa visita do Extremadura Delta Badajoz. A partir das 18.30 horas, os pupilos de Suso Rey intentarán manterse na pelexa pola primeira praza ante un equipo modesto que gozará dos seus últimos minutos da tempada na Mariña, sen nada en xogo.


Coa garantía da segunda praza do Grupo Norte que lle outorgan os seus 53 puntos, o obxectivo laranxa non se desvía do liderado, protexido polo Grupo Empresas Talavera (56). Tres puntos separan os burelistas da gran meta e non poden errar ante o Badajoz, un rival irregular ao que xa impuxeron en terras estremeñas (6-9). 


Na cabeza da táboa, o Talavera (56) recibirá esta fin de semana o Lanzarote Tías Yaiza, oitavo clasificado que xa sorprendeu o Gijón El Llano a semana pasada (4-1). Na terceira posición, os xixoneses (45) defenderán o seu estatus en derbi asturiano, na pista do antepenúltimo, Avilés Oquendo. Polo cuarto billete do play off loitará o BP Andorra (43), asediado por Gáldar (42), OE Ram (39) e Illescas (39),  na cancha do Cáceres 2016 –décimo.


Antes do asubío inicial, Vista Alegre gardará un minuto de silencio por Juan Antonio Samaranch, presidente de Honra do Comité Olímpico Internacional, falecido esta semana. 


Deporte Escolar. Os xogadores do EDM Burela FS Infantil B serán agasallados, no descanso do Burela FS-Extremadura Delta Badajoz, coa medalla de campións da liga de Deporte Escolar das mans da xunta directiva da entidade laranxa.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.